8 meses sen carné, 36 días de traballos sociais e pagar o farol
Por Redacción
O xulgado de instrución número tres de Pontevedra acaba de condenar a un home por un delito contra a seguridade vial, na súa modalidade de condución baixo os efectos de bebidas alcohólicas, ás penas de 36 días de traballos en beneficio da comunidade e de 8 meses de privación do dereito a conducir vehículos de motor, e a que, coa responsabilidade directa da súa entidade aseguradora indemnice ao Concello de Pontevedra na suma de 6.120 euros correspondentes ao custo dun farol.
Este condutor circulaba baixo os efectos do alcohol cando sufriu un accidente na madrugada do domingo 8 de febreiro no que se levou por diante un farol e posteriormente fuxiu a pé.
O sinistro produciuse sobre as 4.00 horas na confluencia entre a avenida de Marín e a rúa Manuel del Palacio.
Unha patrulla da Policía Local tivo constancia do accidente e pouco despois localizou o home que recoñeceu que era o dono e condutor do turismo. Os axentes lle someteron á conseguinte proba de alcoholemia, na que deu un resultado positivo de 0,80 miligramos por litro de aire expirado.