Marín aposta polo fomento do turismo coa posta en funcionamento de tres albergues en Cadro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitou as instalacións dos tres albergues de Cadro situados no lugar do Ecoparque no lugar de Fixón, parroquia de San Tomé de Piñeiro. Estes espazos encóntranse xa en funcionamento co obxectivo de potenciar o medio rural e servir para complementar as actividades ao aire libre que se ofrecen no ámbito.
As instalacións contan con seis prazas en cada un dos albergues. Desta forma, 18 visitantes poderán aloxarse nestas dependencias tras executarse o proceso de licitación, adxudicación e o acondicionamento.
A empresa adxudicataria asinou un contrato de natureza administrativa especial cunha duración de catro anos, con posibilidade de dúas prórrogas anuais por mutua acordo das partes antes da finalización. O canon establecido polo Concello nas bases do concurso alcanzaba os 1.328 euros anuais e foi superado pola empresa adxudicataria, segundo o goberno local.
Como complemento o Concello entregará bicicletas BTT para que poidan ser utilizadas polos usarios e, desta forma, mellorar a oferta turística e establecer rutas cara ás praias e cara aos petroglifos de Mogor ou cara ao Castro da Subidá.