O PP pide destinar o superávit municipal en 2014 a obras de saneamento do rural
Por Redacción
Despois de que o Concello de Pontevedra anunciara un superávit de 2,36 millóns de euros nas contas municipais, o Partido Popular pide que eses cartos se destinen a investimentos. Concretamente, cren que deberían usarse de forma íntegra para financiar obras de saneamento nas parroquias do rural pontevedrés.
Así se recolle na moción que presentarán no pleno do próximo luns 23 de marzo.
Dende o Partido Popular esixen ao goberno de Lores que "deixe de negarlles" aos veciños das parroquias de Pontevedra estes servizos municipais, porque "non se entende como en pleno século XXI os veciños do rural non dispoñen de servizos básicos como o saneamento ou abastecemento", sinalan nun comunicado.
Recordan que o saneamento é un servizo municipal de "obrigado cumprimento" e ante a carencia nalgunhas parroquias, lamentan que haxa "pontevedreses de primeira e pontevedreses de segunda".
Relacionadas:
-
O PP sinala que Facenda rebaixa o superávit do goberno de Lores en 3 millóns de euros
Por Redacción |
-
O saneamento en Mourente e Bora, pendente das obras de Fomento na N-541
Por Alejandro Espiño |
-
O superávit do Concello de Pontevedra supera os 4,8 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
César Abal: "O milagre dos pans e os peixes chegou ao Concello de Pontevedra"
Por Redacción |
-
Pontevedra pecha 2014 cun superávit de 2,36 millóns de euros no seu orzamento
Por Alejandro Espiño |