Afundación reconsidera a súa postura e prestará o seu auditorio ao PP
Por Oskar Viéitez
As queixas de Louzán fixeron efecto. Afundación reconsidera a súa postura e prestará o seu auditorio ao PP.
Hai uns días o presidente provincial do Partido Popular, Rafael Louzán, aseguraba que a súa formación estaba a encontrar con problemas para conseguir un grande auditorio no que facer a presentación dos candidatos do PP ás eleccións municipais.
O mandatario provincial dirixía as súas queixas aos responsables de Abanca, que en contra do seu criterio habitual, decidiran non ceder os espazos de Afundación para actos políticos.
O PP asegura que Pontevedra ten as súas instalacións "bastante deterioradas" con "falta de medios e destrozos"
Este mércores a secretaria provincial do PP, Rocío de Sinde e o secretario de organización, Luis Serantes, anunciaron agradecidos o cambio de criterio que posibilitará este xoves ás 20.00 horas a presentación na sede de Afundación en Pontevedra dos 62 candidatos populares ás alcaldías dos 62 municipios da provincia.
Un acto no que está prevista a participación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e espérase a participación da ministra de Fomento, Ana Pastor.
O cambio de criterio de Afundación resolve un "problema" aos dirixentes do PP xa que, segundo criticaron, a cidade de Pontevedra ten as súas instalacións "bastante deterioradas" con "falta de medios e estragos" no Teatro Principal e no Pazo da Cutura onde se encontraron coa "sorpresa desagradable" dunha "falta de limpeza e hixiene".
Relacionadas:
-
Núñez Feijóo anima os alcaldables do PP a conquistar o "voto do orgullo"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Anxos Riveiro cualifica como "auténticas burradas" as críticas do PP á falta de hixiene do Pazo
Por Alejandro Espiño |
-
"Pontevedra no la inventó Lores", o PP arroupa ao candidato Moreira para aprobar a súa "asignatura pendiente"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |