Marea Pontevedra coincide co PP en desvencellar a reforma das piscinas de Campolongo do complexo da Parda
Por Redacción
A agrupación política Marea Pontevedra reclama que se realice de xeito urxente a licitación de forma transparente das obras de mellora das piscinas de Campolongo e que se recupere a súa xestión pública directa. Neste sentido, o colectivo que lidera Luis Rey considera, como xa manifestou tamén o Partido Popular, que resulta necesario desvincular a reforma das piscinas de Campolongo do complexo de ocio da Parda e, desta forma, tratar de xeito diferente os dous proxectos.
Neste sentido, Marea Pontevedra lamenta que o concelleiro de Deportes do Concello de Pontevedra, Agustín Fernández, se refira a esas instalacións como unha oportunidade de negocio "goloso" para a iniciativa privada, sen analizar que co número actual de usuarios "sería totalmente viable e máis beneficioso para os cidadáns que o propio Concello acometera a obra e asumise a súa xestión".
Con esta medida, o partido político entende que se garantiría a calidade do emprego dos traballadores contratados e un axuste nas tarifas aplicadas aos usuarios da piscina.
A través dun comunicado, Marea manifesta que, desta forma, se demostra que o actual goberno BNG-PSOE aposta por un modelo ineficiente e fracasado, que privatiza a xestión de servizos rendibles en beneficio da iniciativa privada.
Relacionadas:
-
Moreira promete equiparar as condicións laborais das piscinas de Campolongo coas do IMD
Por Alejandro Espiño |
-
Marea propón un plan de emerxencia para as 17.000 persoas en risco de exclusión social de Pontevedra
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
Insisten en licitar xuntos Campolongo e A Parda, pero non descartan facelo finalmente por separado
Por Alejandro Espiño |
-
O PP urxe ao Concello a que "mañana mismo" licite a reforma das piscinas de Campolongo
Por Natalia Puga |
-
Ningunha empresa presenta oferta para xestionar conxuntamente as piscinas de Campolongo e A Parda
Por Diego Espiño |