O PP urxe ao Concello a que "mañana mismo" licite a reforma das piscinas de Campolongo
Por Natalia Puga
O PP de Pontevedra urxe ao Goberno local a que "mañana mismo" licite a reforma das instalacións das piscinas de Campolongo e a que retome os contactos coa Xunta de Galicia para volver ao proxecto inicial co que se concibiu o complexo lúdico-deportivo da Parda, que implicaría crear un gran parque público e non o modelo de explotación por parte dunha empresa privada.
Os 'populares' fan esta petición despois de que este xoves se anunciara que ningunha empresa presentou oferta para o concurso público convocado polo Concello de Pontevedra de cara á remodelación das piscinas de Campolongo e a construción do centro da Parda.
O concurso era, para o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, un dos proxectos "máis importantes e ilusionantes para Pontevedra", pero terá que declararse deserto. Tras coñecer a noticia, o concelleiro do PP César Abal valora que "el proyecto estrella del PSOE se estrella" e o seu compañeiro de partido Tomás Abeigón opina que é "un claro ejemplo del fracaso continuado en la gestión" do responsable municipal de Deportes.
"Campolongo no puede esperar ni un segundo más, ya lleva languidenciendo muchos años"
César Abal recordou as críticas realizadas no último ano sobre este asunto e insistiu no seu desacordo con que se unisen nun mesmo contrato a "más que necesaria" reforma de Campolongo e as novas instalacións da Parda. "Siempre defendimos que son dos obras completamente diferentes, que hay que tratarlas por separado", indicou. Ao respecto, Agustín Fernández sinalou esta semana que non contempla adxudicar por separado a xestión de ambos os dous centros, a pesar de que "Campolongo é unha instalación golosa" para as empresas do sector.
O concelleiro 'popular' cre que os dous proxectos son necesarios, pero "no pasa nada" se o da Parda se atrasa un ano e, non obstante, "Campolongo no puede esperar ni un segundo más, ya lleva languidenciendo muchos años".
O grupo municipal do PP adiantou tamén a súa intención de intentar que o Goberno local non opte agora por abrir un contrato negociado para adxudicar a xestión de ambos os dous centros deportivos. "No lo vamos a permtir", asegurou. Para intentar evitalo, realizarán as xestións necesarias no pleno da Corporación, a través de mocións ou a través de denuncias públicas contra o procedemento negociado.
Abal valora que o concurso público que tivo que ser declarado deserto non recibiu ningunha oferta porque "ha influido la inseguridad jurídica" que sentían as empresas sobre o contrato. De todos os xeitos, recoñece que "ha influido ciertamente, pero no puedo hablar con certeza".
Relacionadas:
-
O Concello renuncia ao centro lúdico da Parda e impulsa un novo concurso público para Campolongo
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Insisten en licitar xuntos Campolongo e A Parda, pero non descartan facelo finalmente por separado
Por Alejandro Espiño |
-
Marea Pontevedra coincide co PP en desvencellar a reforma das piscinas de Campolongo do complexo da Parda
Por Redacción |
-
Ningunha empresa presenta oferta para xestionar conxuntamente as piscinas de Campolongo e A Parda
Por Diego Espiño |
-
O contrato das piscinas de Campolongo será prorrogado para evitar o peche
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas reclámanlle á Xunta "o orzamento escamoteado ao polideportivo da Parda"
Por Oskar Viéitez |
-
Instan á Xunta, coa oposición do PP, a compensar a Pontevedra por paralizar o Centro Lúdico da Parda
Por Redacción |
-
O complexo deportivo da Parda será demolido para construír tres piscinas ao aire libre e catro pistas de pádel
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PP considera "irrenunciable" cobrar un canon mínimo pola explotación do Centro Lúdico de A Parda
Por Alejandro Espiño |