Bruselas ratifica a denuncia por contaminación da Ría e esixe mellorar o seu saneamento
Por Redacción
A Comisión Europea ratificou a denuncia interposta contra España ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea debido a que o sistema de saneamento das localidades da Ría de Pontevedra "incumpre" a directiva sobre o tratamento das augas residuais urbanas.
Así se recolle na resposta a unha pregunta presentada polo eurodeputado do PSdeG-PSOE, José Blanco.
Dende Bruxelas recorda que segundo esta normativa "todas as augas residuais urbanas procedentes de sistemas colectores de aglomeracións urbanas que representasen máis de 10.000 habitantes debían ser obxecto, como moito en 1998, dun tratamento máis rigoroso que o descrito no artigo 4 da mesma directiva, antes de ser vertidas en zonas sensibles".
O sistema de saneamento das localidades de Pontevedra, Marín, Poio e Bueu, segundo a Comisión, incumpre os requisitos do artigo 4 e do artigo 5, apartados 2 e 3.
"A única forma de facer fronte a este incumprimento é ampliando a capacidade da planta co fin de optimizar o funcionamento do sistema de rede de sumidoiros, especialmente para controlar o coeficiente de escorrentía", apuntan dende o goberno europeo.
A Comisión tamén sinala que "outras doce pequenas aglomeracións urbanas con entre 2.000 e 15.000 habitantes, situadas en Galicia," son obxecto dun procedemento de infracción en marcha actualmente por incumprimentos reiterados na mesma directiva.
Relacionadas:
-
O Tribunal de Xustiza Europeo sentenza que a ría de Pontevedra incumpre a normativa de augas residuais
Por Redacción |
-
Bruxelas non contempla multas pola contaminación da ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Ethel Vázquez salienta que os fondos europeos posibilitarán o plan de saneamento da ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
O saneamento da ría de Pontevedra procurará financiación europea
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A denuncia de Bruxelas a España polo deficiente saneamento da Ría chega ao Parlamento galego
Por Redacción |
-
O Concello celebra que Bruxelas "tome cartas no asunto" pola deficiente depuración de augas da Ría
Por Redacción |
-
Bruxelas leva a España aos tribunais polo tratamento das augas residuais na Ría de Pontevedra
Por Redacción |