Os emigrantes retornados do Salnés seguirán reclamando nas rúas "xustiza no tratamento fiscal"
Por Redacción
O colectivo de Emigrantes Retornados do Salnés decidiron en asemblea o pasado venres as accións a levar a cabo nos próximos meses, empezando con unha manifestación que terá lugar o próximo martes 3 de marzo ás 11 da mañá, con saída de diante da oficina do INEM de Vilagarcía ata a Axencia Tributaria, pasando por diante da sede do PP e do Concello de Vilagarcía.
Continuarán reclamando modificacións no trato fiscal da facenda española á vista de que os cambios normativos aprobados recentemente "non son satisfactorios" e son valorados como "meros parches para saír do paso".
O proceso de regularización e reclamación da devolución de intereses e sancións xa pagadas é unha "pequena vitoria" que entenden coma un froito das súas mobilizacións. "Ademais Montoro vai facer un gran negocio á nosa costa: a cambio de devolver sanciones e intereses que nunca deberan esixirnos, ingresaremos coa regularización inxentes recursos económicos á Axencia Tributaria. ÿ unha dobre estafa na que aínda hai quen traga promovendo acordos cos estafadores, nunca tal se viu", dixo o voceiro deste colectivo Xosé Lois Leirós.
Os emigrantes salnesianos insiste en que segue sen resolverse o problema do trato discriminatorio entre as persoas que teñen un ou máis pagadores, non se recoñecen de oficio as pensións por invalidez concedidas fóra de España e mantense nalgúns casos, sobre todo en pensións procedentes de Suíza, a dobre tributación.
Durante os meses de marzo, abril, xuño e xullo faranse concentracións mensuais en puntos por definir, non descartando algunha actuación no mes de maio.
Relacionadas:
-
A Deputación insta a devolver aos retornados de Alemaña o que tributaron polas súas pensións
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Asociación de Emigrantes Retornados Ulla Umia traslada as súas protestas á Axencia Tributaria
Por Cristina Saiz |
-
Os emigrantes retornados buscan "maís xente que se una" á plataforma ante un novo calendario de mobilizacións
Por Diego Espiño |
-
A Xunta en Pontevedra asistirá os pensionistas retornados para solicitar a devolución de sancións e recargos
Por Redacción |
-
Emigrantes retornados acusan ás parlamentarias 'populares' do Salnés de "cómplices e verdugos do roubo"
Por Redacción |
-
Concentración contra a reforma fiscal que mantén o cobro aos emigrantes retornados
Por Redacción |