O Recinto Feiral será o centro da oferta de educación e formación de Galicia a partir do mércores 25
Por Redacción
Edugal, o Salón de oferta de Educación e Formación de Galicia chega á cuarta edición coa intención de volver reunir máis de 10.000 persoas durante os tres días, entre o mércores 25 e o venres 27, en que se desenvolverá nas instalacións do Recinto Feiral de Pontevedra.
33 postos ofrecerán información sobre todos os ámbitos do ensino, tanto pública coma privada, con presenza da Universidade de Vigo, do centro de acuicultura do Grove e do centro Manuel Antonio. Nesta edición concédese unha elevada importancia á formación no estranxeiro e á aprendizaxe de idiomas.
Ao longo das tres xornadas celebraranse obradoiros participativos sobre oficios artesanais de moda, escenificacións teatrais, creación de escenografías, demostracións de Showcooking, entre outros, segundo comentou Conchi Pereiro, de AEMPE, entidade organizadora coa Concellaría de Promoción Económica que dirixe Carlota Román.
Tanto a concelleira coma o presidente de AEMPE, José María Corujo, mostraron a súa satisfacción pola consolidación deste evento que, segundo entenden, axuda a traballar na mellor formación dos empresarios e polo que pasará medio centenar de centros educativos de Galicia.