Denuncian a aparición de pintadas fascistas na sede do BNG en Caldas de Reis
Por Redacción
Esvásticas nazis ou dianas. Así son as pintadas e as ameazas que apareceron na fachada da sede do BNG en Caldas de Reis. Un atentado fascista, segundo os nacionalistas, que non nos van amedrentar o máis mínimo, dixo o seu portavoz municipal, Iñaqui Fernández. Continuaremos a defender os intereses dos veciños e veciñas de Caldas de Reis con toda a intensidade, asegura nun comunicado.
Quen atentou contra a nosa sede sabía ben contra a quen atentaba, porque o BNG é unha forza política nacionalista, que defende o país e que se enfronta clara e contundentemente contra este sistema cruel e corrupto que nos empobrece, recorda Iñaqui Fernández. O BNG caracterízase, e se caracterizou sempre, por defender os intereses dos veciños e veciñas, por denunciar sen medias tintas as políticas que van contra os intereses xerais da cidadanía.
O portavoz del BNG aseguran que se pensaron que izando simboloxía nazi no noso local, ou ameazándonos poñéndonos nunha diana, van parar ao BNG e ao noso compromiso co país e cos veciños e veciñas de Caldas de Reis, non nos coñecen, están moi equivocados.
Conclúe que en todo caso o único que fai é demostrar o carácter antidemocrático das persoas que, aproveitando a escuridade da noite, atentaron contra a nosa sede.
Estas pintadas e ameazas xa foron denunciadas ante as autoridades pertinentes.