O PP de Poio crea un WhatsApp para que os veciños lle fagan suxestións
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular de Poio presentou este mércores en roda de prensa unha iniciativa que busca "paliar a carencia de canles de participación e información que ofrece o concello aos seus veciños", e que se articula ó redor dunha páxina web quepasaconPoio.com.
Explicou o voceiro popular, Ángel Moldes que tamén poñen a disposición dos veciños novos perfís en facebook, twitter, mesmo un número para que a xente contacte por WhatsApp. Todo isto ademáis da web, o facebook e o correo electrónico do PP de Poio e, naturalmente a sede.
De xeito periódico durante o mes de febreiro os populares publicarán na súa web unha enquisa con tres seccións: unha breve introducción, expoñendo os feitos fundamentais do asunto polo que se pregunta, unha infografía cos datos que axuden a comprender o asunto e, o máis importante, unha ou varias preguntas, claras e directas sobre o tema do día.
"O día 1 de marzo faremos a última pregunta e, unha vez recopilados os resultados faremos unha presentación pública das conclusións da iniciativa, compartiremos información e datos e, sobre todo, integraremos as ideas, opinións e proxectos dos veciños na nosa actividade pública", dixo Ángel Moldes.
"Pero non queremos limitarnos á enquisa", aclarou o popular, "queremos que os veciños nos fagan chegar as súas denuncias por Facebook e email, nos tuiteen reflexións sobre Poio, nos envíen fotos de Poio que consideren importantes ó WhatsApp", explicou Moldes.
"Na última semana, sairemos á rúa a preguntar ós veciños presencialmente. ÿ fin e o cabo, tamén hai veciños maiores e outros que por distintos motivos non poden manexar as novas tecnoloxías e precisan tamén ter voz".
Por último, o popular adiantou a primeira pregunta, á que se poderá respostar desde este xoves nas distintas plataformas da iniciativa: ¿Cál é a necesidade de investimento máis inmediata para Poio?
Relacionadas:
-
O candidato do PP á alcaldía de Poio descubre unha candidatura con moitas novidades
Por Redacción |
-
O PP dí que o BNG de Poio gastou 35 mil millóns de pesetas desde goberna o Concello
Por Redacción |
-
O PP entra en precampaña e presume dos investimentos da Xunta e a Deputación en Poio
Por Redacción |