O candidato do PP á alcaldía de Poio descubre unha candidatura con moitas novidades

Por Redacción
O forte trebón caído durante toda a mañá do sábado obrigou a gorecerse aos populares de Poio, que cambiaron a praza do Mosteiro polo salón de actos do local da Comunidade de Montes de San Xoán para sacar a foto dos membros da candidatura.
O candidato á Alcaldía, Ángel Moldes, está acompañado por unha lista renovada "casi al 80%", que aglutina a "todas las parroquias y a todos los sectores productivos de nuestro concello" e con "gente muy joven" aínda que a media de idade a rompe o peche "que ocupa el señor Juan, de Vilar, con más de 100 años de edad", que asesorará o partido en asuntos tan espiñentos como o deslinde co Concello de Pontevedra.
Despois de Ángel Moldes a lista segue: 2. Celeste Nieto, 3. Rocío Cochón Castro, 4. Manuel Domínguez, 5. Cándido Muíños, 6. Natividad Torres, 7. Juan J. Grandal, 8. Marcial García e 9. Tamara González. Tamén hai saídas destacadas como as de Carmela Torres ou Alberto Villaverde aos cales Moldes agradeceu expresamente este paso atrás.
"Hicimos una lista abierta con representantes elegidos en cada una de las parroquias y pensada para gobernar", afirmou Moldes.
Así citou á súa número tres, Rocío Cochón Castro, de 38 anos, procuradora en tribunais de profesión e cun máster en urbanismo "cuya experiencia nos va a venir muy bien dado que Poio tiene más de 300 expedientes abiertos con denuncias".
Neste sentido, outro dos recén incorporados é Cándido Muiños "Tucho", de 34 anos, enxeñeiro industrial, "que será idóneo para asesorarnos en nuestro proyecto número uno que es la ubicación de la depuradora".
Repiten Celeste Nieto, a secretaria local do partido, "que por su experiencia actuará como enlace y coordinación entre todas las concejalías y los vecinos" y Manuel Domínguez, que ocupa o posto número catro. Este veciño de Samieira achegará a experiencia acumulada como concelleiro nestes últimos anos.
Nati Torres é unha veciña de Campelo, onde está "moi integrada na vida social da parroquia", pois forma parte do coro e da asociación de veciños, "é unha persoa moi próxima e cun ámbito familiar moi amplo".
No número sete repite Juan Grandal, veciño da Caeira, chamado a encargarse da economía do concello de Poio, segundo sinalou Ángel Moldes.
No oitavo lugar da lista, Marcial García, funcionario da área técnica de obras do Concello de Pontevedra, "idóneo para responsabilizarse da concellaría de obras", é presidente da Federación de Caza e directivo da Comunidade de Montes de San Xoán.
Tamara González, veciña de Raxó, estuda o último curso de Enxeñaría Industrial. Con 24 anos é da máis nova da lista.
Relacionadas:
-
Celeste Nieto non tomará posesión como concelleira do PP de Poio "para centrarse na súa vida profesional"
Por Redacción |
-
O PP de Poio promete outros dous campos de herba artificial nos próximos oito anos
Por Redacción |
-
Ángel Moldes amosa as súas armas en Monte Castrove para que o PP gañe a alcaldía de Poio
Por Redacción |
-
O candidato do PP en Poio, Ángel Moldes, asina ante notario os seus compromisos electorais
Por Redacción |
-
Ángel Moldes salienta a necesidade de que a futura depuradora se constrúa en Poio
Por Oskar Viéitez |
-
O PP de Poio pide que se priorice o dragado de Campelo á limpeza do Lérez "para os iates"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP de Poio crea un WhatsApp para que os veciños lle fagan suxestións
Por Oskar Viéitez |