Unha persoa resulta ferida na colisión entre un turismo e un tractor en Portas
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida este luns a consecuencia dun accidente de tráfico rexistrado no termo municipal de Portas e consistente na colisión entre un turismo e un camión.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro produciuse sobre as 12.30 horas deste luns na vía que comunica os lugares de Romai e Portas, á altura do cruzamento de Porta do Conde.
A persoa ferida conducía o turismo e tivo que ser trasladada por unha ambulancia do 061 a un centro hospitalario. A pesar de requirir asitencia sanitaria, saíu polos seus propios medios do vehículo.
O 112 desprazou á zona efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Valga, a Garda Civil de Tráfico e Urxencias Médicas de Galicia 061.