![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53484a687ab1b-dsc_0258.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
UGT considera negativos para a estabilidade laboral os plans de emprego da Deputación e do Concello
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/013/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/55f9ae6796-534b30bea4719-bolsadeempleo1.jpg)
© Deputación de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/60a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/54c7836b80-ugt.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Os datos da última Enquisa de Poboación Activa (EPA) provocou unha reacción en UGT Pontevedra que observa con preocupación os malos resultados que se recollen nos que se establece a caída nun 12'8% a duración indefinida dos contratos no concello de Pontevedra e unha suba dun 46% da temporalidade.
O secretario comarcal de UGT, Ramón Vidal, apunta que existe unha tendencia cara á temporalidade marcada pola reforma laboral coa perda de emprego de traballadores que levaban tempo nas empresas para ser substituídos por empregados con contratos temporais e, en ocasións, con acordos por obra e servizo.
Vidal alertou da exclusión social que se manifesta no incremento das vivendas familiares sen perceptores de ingresos no concello pontevedrés pasando de 444 en 2009 a 1.159 en 2014.
Por este motivo, dende o sindicato reclaman a convocatoria inmediata do Conselo Económico Social (CES) para que se poña en marcha un estudo por parte da Universidade de Vigo no que se buscarían nichos de emprego e recoller informacións para impulsar proxectos empresariais. A Universidade de Vigo mantíñase, tras a última reunión do CES, á espera de que se dese o visto e prace a esta iniciativa que se realizaría sen ánimo de lucro.
Ramón Vidal alertou tamén de que o sector servizos é o que conta con máis empregados chegando a 24.100 dentro do concello pontevedrés fronte aos 2.500 traballadores que se encontran ocupados no sector industrial.
Dende UGT mostran a súa preocupación polos plans de emprego que fomentan tanto o goberno local de Pontevedra coma a Deputación Provincial. O secretario comarcal apunta que este tipo de iniciativas non resultan positivas para a estabilidade laboral e reclama a intervención de Inspección de Traballo para regular algunhas situacións que se producen nas empresas a partir deste tipo de propostas. Segundo Carlos Esperón, responsable comarcal de comercio de UGT, teñen detectado empresas que despiden traballadores con antigüidade para substituílos por mozos que forman parte destas propostas laborais.
Alertan da inestabilidade laboral que provocan os plans de emprego da Deputación e do Concello
Ramón Vidal e Carlos Esperón, de UGT Pontevedra
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Relacionadas:
-
A patronal pontevedresa pide que o alcalde capte investimento industrial para a cidade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Moreira culpa a Lores de que Pontevedra sexa "a cidade galega con máis taxa de paro"
Por Redacción |
-
Un total de 907 mozos titulados preinscríbense para optar ás 200 bolsas do novo plan de práctica
Por Redacción |