A patronal pontevedresa pide que o alcalde capte investimento industrial para a cidade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A patronal pontevedresa pediu que o alcalde "actúe de comercial" e capte investimento industrial para o municipio e "que se haga una labor de marketing para vender bien lo que necesita Pontevedra".
O presidente da Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa (AEMPE), José María Corujo, e a presidenta da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE Pontevedra), Lucía Pedroso, actuaron como portavoces trala reunión que a patronal local mantivo este xoves co portavoz grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira.
Os empresarios locais afirmaron que "está muy bien que se potencie el comercio y el sector servicios, pero necesitamos industria pesada, que es la que genera realmente empleo", dixo Lucía Pedroso.
A patronal coincidiu en demandar ao rexedor "valentía" nas súas propostas "sobre todo en un terreno en el que Pontevedra está muy cojo que es la parte industrial", engadiu José María Corujo.
Ambos sinalaron que no "entorno" da cidade "hay espacios fáciles de ocupar", insistindo en que "el modelo de ciudad es perfecto, pero se tiene que complementar porque sino no vale para nada".
Esta "carencia" de industria precisa, ao seu xuízo, de "posturas valientes, que se coja el toro por los cuernos" para que Pontevedra "no sea un foco de deslocalización" e que a xuventude "no se tenga que marchar a buscar empleo". E poñen como exemplo do seu apoio decidido á continuidade da fábrica de Ence en Lourizán.
O presidente de AEMPE demandou "industrias pesadas", aínda que causen "un pelín de incomodidad"
"Aquí lo políticamente incorrecto es lo que necesita el entorno", dixo o presidente de AEMPE para demandar "industrias pesadas", aínda que causen "un pelín de incomodidad".
Lucía Pedroso reclamou un "proyecto global y valiente" para elaborar unha "estrategia empresarial" e asegurou que "para mi es muy triste que alguien diga que este concello no apoya a la industria" polo que os empresarios din sentirse "sumamente abandonados no, pero casi".
Segundo xustificou Jacobo Moreira está reunión xorde como reacción ante os últimos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), nos que Pontevedra pechou 2014 coa taxa de paro máis elevada das sete cidades galegas, cunha taxa de desemprego do 28,7%, a porcentaxe máis alta dos últimos anos.
Relacionadas:
-
Alertan da desaparición industrial da comarca por "un sentido del medio ambiente mal entendido"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Oito empresarios pontevedreses conflúen nunha plataforma para "reactivar a economía local"
Por Redacción |
-
Os autónomos critican a Lores por negarlle durante anos unha reunión que piden dúas veces ao ano
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Mosquera, sobre os que piden máis industria pesada: "Son parte da dereita que segue anclada nos anos 60"
Por Alejandro Espiño |
-
UGT considera negativos para a estabilidade laboral os plans de emprego da Deputación e do Concello
Por Redacción |
-
Moreira culpa a Lores de que Pontevedra sexa "a cidade galega con máis taxa de paro"
Por Redacción |