Seis estudantes de Belas Artes farán intervencións artísticas no Hospital Provincial
Por Redacción
Seis alumnos da facultade de Belas Artes realizarán neste curso novos proxectos de intervención artística no Hospital Provincial de Pontevedra, no marco dun acordo de colaboración subscrito o pasado ano entre a Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e a Universidade de Vigo, para a humanización de espazos neste centro sanitario.
O xerente, José Manuel González, e o decano da facultade de Belas Artes, Juan Carlos Meana, mantiveron esta semana un primeiro encontro cos estudantes e os seus titores para concretar ás áreas a humanizar nesta nova edición do convenio.
Dous alumnos participaron na edición do ano 2014, realizando proxectos na área de Coidados Paliativos e no Hospital de Día Psiquiátrico, que se desenvolveron con total respecto ao entorno hospitalario, sen interferir en ningún momento na normal actividade dos servizos e coa implicación tanto do persoal sanitario, como dos propios pacientes e os seus familiares.
O xerente e o decano de Belas Artes manifestaron a súa satisfacción pola continuidade desta iniciativa e porque, para este ano 2015, fosen seis os alumnos que escolleron a humanización de espazos no Hospital Provincial como o tema do seu traballo de fin de grao. Os responsables de ambas institucións mostraron a súa vontade de manter esta liña de colaboración e mesmo a incrementar en anos sucesivos.
Relacionadas:
-
O xogo das agachadas chega á sala de espera de Radioloxía Pediátrica do Hospital Provincial
Por Redacción |
-
Doce estudantes de Belas Artes participan na exposición 'Camiño. A Orixe' con once intervencións no Gaiás
Por Redacción |
-
Alumnos de Belas Artes axudan a mellorar espazos do Hospital Provincial
Por Diego Espiño |