San Antón bendice 30 mascotas en Campolongo
Por Redacción
A tradición volveu cumprirse na parroquia de San Xosé de Campolongo. Ao remate da misa das 12:30 neste sábado 17, o párroco Casimiro Fernández saía ata a galería da igrexa onde ao redor de trinta persoas esperaban a bendición anual de San Antón Abade acompañados polas súas mascotas.
A maioría de asistentes eran cans, varios deles de raza yorkshire e chiuaua, pero tamén acudiron á cita un gato e un canario metidos nas súas correspondentes gaiolas. Non obstante ata Campolongo non se achegou ningún animal exótico.
O párroco deu lectura a unha pasaxe bíblica e rezou unha oración acompañado polos fieis que se deron cita na entrada da parroquia. San Antón Abade era un santo do que a tradición conta que mantiña unha atención especial cara aos animais, aos que protexía e coidaba.