As obras de reforma da rúa Estación comezarán esta mesma semana
Por Redacción
Chegan as obras á rúa Estación. Segundo informa o goberno municipal, esta mesma semana darán comezo os traballos de reforma integral desta zona da cidade. ÿ unha das melloras que se incluíron no contrato de adxudicación do desdobramento da Avenida de Vigo. Suman en total 1.160.573,34 euros e non terán custo ningún para o Concello de Pontevedra, xa que serán asumidas polas empresas COVSA e EC Casas.
Trátase dunha serie de actuacións que, recordou Raimundo González, incidirán aínda máis na mellora dos accesos da zona sur da cidade. Todas elas foron aprobadas este luns na Xunta de Goberno.
En concreto, na reforma da rúa Estación, que cambiará por completo a súa fisionomía dende a rotonda de Fernández Ladreda ata a estación de autobuses, investiranse 304.411 euros. A continuación ampliarase a senda do Gafos cara a Tomeza (59.094 euros) e axeitarase o actual camiño de terra que une a estación coa avenida de Vigo (68.694 euros).
Posteriormente construirase un carril segregado de acceso ao desdobramento dende O Marco (45.274 euros), habilitaranse varios pasos de peóns elevados (6.448 euros) e reformarase a rúa Luis Seoane (77.920 euros).
Unha vez entre en funcionamento o novo desdobramento, será cando poidan comezar as obras de reforma da vella avida de Vigo, no seu tramo máis próximo a Fernández Ladreda. A ela destínase a maior parte da contía destas melloras, un total de 565.286 euros.
Relacionadas:
-
Os traballos de asfaltado na rúa Estación afectarán ao tráfico
Por Redacción |
-
Estudan empregar o nome dunha muller para o desdobramento da Avenida de Vigo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A rúa Estación, en obras a partir de xaneiro; a Avenida de Vigo agardará ata a primavera
Por Alejandro Espiño |
-
O desdobramento da Avenida de Vigo avanza a "un ritmo espectacular"
Por Diego Espiño |