Falece Fernando Quintela, Presidente da Fundación Alexandre Bóveda
Por Redacción
A Fundación Alexandre Bóveda (FAB) informou do falecemento do seu presidente, Fernando Quintela Novóa.
"Nado en 1916, practicaba o galeguismo até onte mesmo, coa promiscuidade dun adolescente", destacan dende a Fundación.
"Destacamos o seu traballo, xa non soio en prol da FAB, senón dunha Galiza, que hoxe segue a precisar exemplos de firmeza e consenso, tal e como representa Fernando. Digoo en presente, xa que coma Bóveda e outros tantos, pasará á nosa memoria colectiva coma un Bo e Xeneroso", din nun comunicado emitido pola Fundación da que "por suposto terá unha presidencia de honra".
Veciño de Vilagarcía, dentista de profesión casou coa profesora, Lolita Gallego, con quen tivo catro fillos.
Relacionadas:
-
A Fundación Alexandre Bóveda impulsa a creación dunha comisión sobre a Memoria Histórica no Parlamento galego
Por Redacción |
-
"Non se pode construír o futuro dun concello sobre a ocultación do pasado"
Por Redacción |
-
Homenaxe a Alexandre Bóveda coa mirada posta en poder celebrar o 'Día dos Mártires Galegos'
Por Natalia Puga |