Os Reis Magos repartirán 1.500 quilos de caramelos entre os nenos de Sanxenxo
Por Redacción
Un total de 1.500 quilos de caramelos, que carecerán de ingredientes e aditivos con glute, repartirán os Reis Magos durante as diferentes paradas que farán en Sanxenxo. As súas Maxestades de Oriente percorrerán este luns as principais rúas de Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga, Dorrón, Noalla e Nantes e, o martes, o lugar de Aios. Con eles estarán tamén a Agrupación Tiñan que ser, que amenizarán o traxecto.
A parada partirá ás 16.30 horas da Florida e seguirá pola avenida de Madrid e o Paseo de Silgar ata a intersección coa avenida Luis Rocafort. Dende alí, a comitiva dirixirase a Portonovo, pasando polas rúas Areal, Lalinde del Río, Mariña e Rafael Picó. Posteriormente, Sus Majestades trasladaranse ao pavillón de Baltar onde os pequenos poderán transmitirlles as súas peticións e participar nunha festa infantil.
Ademais, o Concello de Sanxenxo colabora na organización doutros desfiles como o de Vilalonga que comezará ás 16.00 horas. Os Reis Magos sairán do centro da vila e visitarán os nenos de Gondar, Piñeiros, Costiña, Lagarei, Rouxique, Arnosa, Salgueira e no pavillón. Tamén se realizará unha cabalgata en Dorrón que partirá ás 16.00 horas de Barreiro; outra en Nantes, que sairá ás 17.30 da igrexa; mentres que a de Noalla comezará ás 18.00 na carballeira e pasará polos lugares de costume.
O martes, a cita será ás 11.00 horas en Aios onde Melchor, Gaspar e Baltasar partirán da capela para percorrer as principais rúas do lugar. Máis tarde, a partir das 13.00 horas, a Escola de Educación Infantil de Aios acollerá a representación dun Belén Vivente organizado pola Asociación Xuvenil Os Raposos.
DISPOSITIVO DE SEGURIDADE
Con motivo da celebración da cabalgata, a Policía Local poñerá en marcha un dispositivo especial de tráfico e seguridade. Tal e como confirmou o concelleiro delegado desta área, Salvador Durán, a partir das 15.00 horas non estará permitido o estacionamento de vehículos nas rúas polas que discorrerá a parada.
Concretamente, en Portonovo non será posible aparcar nas rúas Areal, Lalinde del Río e Mariña, así como na Florida, a avenida de Madrid e o Paseo de Silgar en Sanxenxo, co fin de que estas vías queden libres para o paso da comitiva. Os axentes municipais e o Servizo Local de Emerxencias ocuparanse así mesmo de velar pola seguridade no resto dos desfiles que se desenvolverán en distintas parroquias do municipio.
Relacionadas:
-
O Reis Magos repartirán 1.500 quilos de caramelos aos nenos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Marín e Poio ultiman os preparativos para as súas respectivas cabalgatas de Reis
Por Redacción |
-
Os Reis Magos protagonizarán este domingo a súa tradicional cabalgata en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Sete carrozas acompañarán os Reis Magos nunha Cabalgata que repartirá unha tonelada de caramelos
Por Alejandro Espiño |
-
O Nadal chega a todas as parroquias de Sanxenxo
Por Redacción |