Os Reis Magos protagonizarán este domingo a súa tradicional cabalgata en Ponte Caldelas
Por Redacción
Os Reis Magos de Oriente estarán en Ponte Caldelas o domingo 4 de xaneiro para saudar os nenos e nenas do municipio e repartir caramelos entre os asistentes á cabalgata, que sairá ás 18:30 horas das inmediacións do colexio Manuel Cordo Boullosa e percorrerá as principais rúas do centro da vila.
As Súas Maxestades estarán acompañadas por catro carrozas perfectamente engalanadas e decoradas para a ocasión, na que tamén participarán varios paxes que escoltarán e axudarán os Magos de Oriente no seu percorrido polo centro urbano do municipio.
O percorrido da cabalgata finalizará nas inmediacións da Alameda, xunto á praza de abastos, onde os Reis Magos baixarán das súas carrozas e ofrecerán unha recepción oficial a todos os nenos e nenas do municipio no Centro Cultural de Ponte Caldelas.
Aqueles que queiran achegarse e saudar os Magos de Oriente poderán facelo por espazo dunha hora na que poderán facerlle as súas últimas peticións para a Noite de Reis.
O Concello de Ponte Caldelas dispoñerá un operativo de seguridade e ordenación do tráfico co fin de garantir o normal desenvolvemento da cabalgata e dificultar a circulación de vehículos o menor tempo posible.
Relacionadas:
-
Os Reis Magos máis madrugadores da comarca, os de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Marín e Poio ultiman os preparativos para as súas respectivas cabalgatas de Reis
Por Redacción |
-
Os Reis Magos repartirán 1.500 quilos de caramelos entre os nenos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sete carrozas acompañarán os Reis Magos nunha Cabalgata que repartirá unha tonelada de caramelos
Por Alejandro Espiño |