Dúas persoas feridas en Caldas tras romper o quitamedos da AP-9 e saír co coche da estrada
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas este sábado nun accidente de tráfico que tivo lugar na localidade pontevedresa de Caldas de Reis.
O accidente, segundo informou o 112 Galicia, produciuse sobre as 07.43 horas da mañá, cando un vehículo no que viaxaban catro persoas se saíu da vía nun tramo da autoestrada AP-9.
Por causas que se investigan, o turismo, que circulaba en sentido A Coruña, perdeu o rumbo e saíu da calzada tras romper un dos quitamiedos de protección.
Dous dos seus ocupantes lograron saír do vehículo sinistrado polo seu propio pé, mentres que as outras dúas persoas tiveron que ser excarceradas polos Bombeiros do Salnés, tras quedar atrapados dentro do coche debido ao impacto.
Ata o lugar do accidente trasladáronse tamén efectivos da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Caldas de Reis, o GES de Valga e unha ambulancia do 061 que trasladou aos dous feridos a un centro hospitalario de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Dous accidentes múltiples con apenas uns minutos de diferenza deixan catro feridos en Caldas
Por Redacción |
-
Os bombeiros interveñen nun incendio en García Camba e excarceran o condutor dun camión na N-541
Por Diego Torrado |
-
Rescatan un gato que levaba dous días subido a unha árbore a doce metros de altura en Caldas
Por Redacción |
-
Un vehículo con dous ocupantes a bordo bate contra un bar en Saiar (Caldas de Reis)
Por Redacción |