Ferido grave un condutor que bateu contra un poste eléctrico en Sanxenxo
Por Redacción
Accidentado comezo do ano en Sanxenxo. Un condutor resultou ferido grave tras estrelarse contra un poste do tendido eléctrico na parroquia de Adina (Sanxenxo).
O accidente produciuse no lugar de Arra, pouco despois das sete da mañá. O ferido perdeu o control do vehículo que conducía e non puido evitar estrelarse contra a estrutura de distribución eléctrica.
O home foi trasladado a un centro hospitalario de Pontevedra.
Ao lugar do sinistro trasladáronse tanto persoal sanitario do 061 como do Servizo Municipal de Emerxencias de Sanxenxo.