As obras do novo centro de día de Cambados avanzan segundo o previsto
Por Redacción
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este venres os traballos de construción do futuro centro de día de Cambados acompañado do alcalde, Luis Aragunde, e o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís.
As obras, que se iniciaron hai poucas semanas, avanzan segundo o previsto nun prazo de execución que se sitúa en nove meses.
A instalación construirase no antigo matadoiro de San Tomé, cedido polo Concello de Cambados, e contará cunha capacidade de 40 prazas.
A Xunta é a que custea esta instalación, adxudicada para a súa construción á empresa Copcisa por algo máis de 678.000 euros.