O PP presentará unha emenda á totalidade do proxecto de orzamentos 2015
Por Natalia Puga
O grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra presentará unha emenda á totalidade do proxecto de presupostos municipais para o ano 2015 que acaba de presentar o Goberno local na que solicitarán que o documento se devolva á Xunta de Goberno local "para que se rehaga".
O presidente dos 'populares' pontevedreses, Jacobo Moreira, explicou este venres en rolda de prensa a postura oficial do partido ante o documento orzamentario e avanzou que a súa emenda, que se presentará o vindeiro luns, pedirá ao Goberno local bipartito BNG-PSdeG que reformule a súa proposta incluíndo as seis condicións que o PP xa puxo enriba da mesa nos últimos días, que pasan pola necesidade do saneamento no rural, unha partida dun millón de euros para o Plan Económico de Emprego local, recuperar o Equipo de Inclusión Social, o impulso do transporte público urbano e metropolitano, a elaboración do PXOM e unha maior participación social á hora de redactar as contas anuais.
O PP asume que o presuposto se aprobará porque os grupos municipais do BNG e o PSdeG-PSOE xa suman os votos necesarios para a súa aprobación, pero avanza que a proposta só conseguirá o apoio dos 'populares' en caso de que considere esas seis peticións. Tal e como está redactado "no podemos apoyarlo" porque "no hay por donde cogerlos".
Moreira critica que Lores "a estas alturas no se ha dado cuenta todavía de cuál es el principal problema de Pontevedra, que no es otro que el desempleo"
Moreira valora que estes son "los presupuestos que convienen a Lores y a Louro, pero no son los presupuestos que necesita Pontevedra". De feito, critica que as contas presentadas -encóntranse no seu período de tramitación e prevé aprobarse nun Pleno municipal do mes de xaneiro- denotan "el cansancio de Lores tras 15 años de gobierno".
Critica Jacobo Moreira que no documento que se presentou a principios de semana hai unha "falta de frescura, de frescura de ideas y de iniciativas para marcar el futuro económico de Pontevedra" e denotan tamén que o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores,"a estas alturas no se ha dado cuenta todavía de cuál es el principal problema de Pontevedra, que no es otro que el desempleo".
Entre as críticas que realiza o PP ás contas propostas destaca que das 49 partidas recollidas no capítulo de investimentos, 30 son iguais que os do presuposto anterior ou que se reduce a partida destinada a asuntos sociais e se sitúa no 4,515%.
O proxecto de presupostos tamén dá pé ao PP a criticar ao grupo municipal socialista porque entende que ten "un doble discurso" en relación coa planta de compostaxe proxectada entre o Concello e a Deputación de Pontevedra, pois anunciou publicamente que se opón á planta, pero "a está ratificando ao aprobar o presuposto", xa que na súa memoria se contempla como algo fundamental para o municipio.
Relacionadas:
-
Adiviñanzas, descualificativos e firmas dubidosas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Este mércores debátese o orzamento municipal que contempla 11,2 millóns de euros en investimentos
Por Redacción |
-
O 7 de xaneiro aprobarase o orzamento municipal para 2015
Por Redacción |
-
O PP critica que as políticas sociais seguen a ser a materia pendente do Bipartito nos orzamentos 2015
Por Redacción |
-
As seis 'prioridades' do PP para apoiar o orzamento municipal "só buscan defender á Xunta", segundo o Goberno local
Por Alejandro Espiño & Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A negociación do orzamento municipal para 2015 avanzará de forma "importante" esta semana
Por Alejandro Espiño |
-
O PP pide ao goberno municipal unha maior transparencia na tramitación do orzamento
Por Redacción |
-
O orzamento municipal para 2015 ascenderá a 69 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |