Sanidade adxudica á empresa Dragados as obras de ampliación do Hospital do Salnés
Por Redacción
A Consellería de Sanidade publica este venres na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no seu apartado perfil do contratante, a adxudicación do contrato para a realización das obras de ampliación do Hospital Comarcal do Salnés.
A licitación das obras foi publicada no DOG o 22 de xullo de 2014. Tras a avaliación das ofertas recibidas, 17 en total, a empresa Dragados SA acadou a mellor puntuación na parte técnica e na parte económica, ofertando un importe de 6.429.875,92 euros máis IVE, o que supón un aforro do 20% sobre o importe de licitación.
As obras de ampliación e reforma comezarán en xaneiro de 2015 e suporán a construción dunha nova infraestrutura que afectará a cinco áreas hospitalarias, que representan unha superficie asistencial de 4.157 metros cadrados, dos cales uns 2.700 son do novo edificio e uns 1.400 serán obxecto de reforma.
Como primeira fase, construirase un edificio adicional, que dotará ao hospital dun novo servizo de urxencias, que duplica a capacidade de triaxe, observación e atención aos pacientes e disporá por primeira vez dunha zona específica de urxencias pediátricas.
Relacionadas:
-
Dragados asina o contrato para realizar a obra de ampliación do hospital do Salnés
Por Redacción |
-
As obras de ampliación do Hospital do Salnés comezarán antes de 2015
Por Redacción |
-
A espera nos hospitais de Pontevedra e O Salnés segue a ser a máis baixa de Galicia
Por Redacción |
-
CIG Saúde denuncia a privatización dun novo servizo na Área Sanitaria de Pontevedra-Salnés
Por Redacción |