A CIG-Ensino revalidou a súa maioría en Pontevedra
Por Redacción
Nas eleccións sindicais no ensino público non universitario na provincia de Pontevedra a CIG-Ensino acadou a maioría absoluta da representación, obtendo 21 delegados dos 41 que se elixían.
Na comarca de Pontevedra, dun censo de 1.843 participaron 1.297 profesores, o 73.06% e a CIG-Ensino tamén foi a que contou co apoio maioritario, incluso superior ao acadado hai catro anos. Acadou 541 votos mais do dobre dos votos obtidos pola seguinte (UGT 234, STEG 113, CSIF 83, CCOO 76, ANPE 74).
CIG | ANPE | CC.OO. | UGT | CSIF | STEG | |
Pontevedra | 21 | 3 | 5 | 5 | 3 | 4 |
Este xoves celebráronse as eleccións sindicais ás que estaban chamados máis de 30.000 profesores en toda Galicia e nas que se elixían 6 delegados menos que hai catro anos. Segundo os sindicatos a razón deste recorte no número de representantes é consecuencia da "política agresiva de redución de profesorado" da Consellería de Educación, que fixo que o censo diminuíra en 2.044 profesores en relación ao do ano 2010.
A CIG-Ensino voltou gañar en toda Galicia mantendo os 62 delegados e aumentando a súa porcentaxe de apoio, superando o 43% nun panorama sindical no que hai seis organizacións que contan con representación.