As obras de mellora da estación de autobuses estarán rematadas no primeiro trimestre de 2015
Por Redacción
As obras de mellora da estación de autobuses de Pontevedra estará rematadas no primeiro trimestre do ano 2015. Así o anunciou este xoves a Xunta de Galicia después de que a directora xeral de Mobilidade, Helena de Santos, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitasen o lugar para coñecer a evolución actual da actuación.
Helena de Santos indicou que as obras para reforzar a accesibilidade e a información aos cidadáns, que supoñen un investimento de 150.000 euros, comezaron o 24 de novembro. Na actualidade céntranse na desmontaxe das escaleiras e a mellora dos aseos.
O máis destacable do proxecto serán as melloras de accesibilidade, entre as que cabe salientar a substitución das escaleiras mecánicas existentes, entre a planta baixa e o semisótano da estación, por dous ascensores cunha capacidade máxima de 13 persoas cada un.
Ademais modificarase a apertura dunha das portas de acceso á estación para que se poidan abrir no sentido da evacuación (cara ao exterior), algo que a día de hoxe non é posible. Tamén se levarán a cabo melloras xerais nas instalacións coa impermeabilización da cuberta e melloras nos aseos e a pintura da estación.
Unha auditoría encargada pola Xunta de Galicia sobre o estado deste equipamento detectou oito "deficiencias graves" nas instalacións, sendo as principais carencias en materia de accesibilidade. Así, non funcionan os ascensores nin o montacargas, as escaleiras mecánicas non funcionan e as dársenas dos autobuses están demasiado elevadas, unha situación á que se lle está a poñer remedio.
AS OBRAS SON UN "APAÿO", SEGUNDO LORES
Lores asegura que estas obras, centradas principalmente en materia de accesibilidade, "non resolverán os problemas" da estación de autobuses
Con respecto a estes traballos, Miguel Anxo Fernández Lores ironizou co investimento previsto asegurando que "todo o que cae na rede é peixe", pero asegurou que os 150.000 euros proxectados son unha "especie de apaño". Entende o alcalde de Pontevedra que estas obras, centradas principalmente en materia de accesibilidade, "non resolverán os problemas" da estación de autobuses.
Fernández Lores, que recordou o compromiso do anterior conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, de impulsar unha rehabilitación integral das instalacións, reiterou que estes traballos non corresponden ás demandas de usuarios e empresas que usan a estación.
Ademais, sinalou que "o máis grave" é que goberno galego renunciase a executar un acceso directo para que os autobuses poidan acceder dende o desdobramento da Avenida de Vigo. "Intentámolo de todas as formas posibles e non houbo maneira", concluíu o alcalde.
Relacionadas:
-
Licitan pequenas melloras na estación de autobuses do Grove
Por Redacción |
-
Xa poden comezar as obras de reforma da estación de autobuses
Por Redacción |
-
A Xunta licitará no mes de abril as obras de mellora da estación de autobuses de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Unha auditoría encargada en 2011 detectou oito deficiencias graves na Estación de Autobuses
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Esixen á Xunta que actúe "con urxencia" ante o estado da Estación de Autobuses
Por Redacción |