O comité de traballadores de Factoría Naval agradece o apoio de María Ramallo
Por Redacción
O comité de empresa de Factoría Naval visitou este martes á alcaldesa de Marín, María Ramallo, para agradecerlle o traballo, as xestións, as reunións e o seu apoio durante os momentos máis difíciles que atravesou este estaleiro.
Ata o anuncio de compra por parte da empresa Nodosa, os traballadores de Factoría Naval recordaron as vicisitudes vividas nos últimos tres anos con reunións no Concello, na Xunta de Galicia, coa Consellería de Economía e Industria, co IGAPE, coas entidades financeiras ou cos socios da empresa.
Foi un "longo camiño" para o equipo, que sufriu unha mingua importante con dous ERES, situacións de sacrificio persoal e profesional. "Agora as cousas cambiaron e parece que se empeza a ver a luz ", celebraron.
Dende a Alcaldía mostráronse receptivos a seguir apoiando esta empresa que desenvolve unha actividade estratéxica dentro do Porto de Marín.
A alcaldesa púxose á súa disposición e desexoulles un bo inicio de tempada.
Relacionadas:
-
María Ramallo aplaude a compra de Factoría Naval por parte de Nodosa
Por Oskar Viéitez |
-
Nodosa, a un paso de mercar Factoría Naval de Marín ao ofertar 4,7 millóns de euros
Por Redacción |
-
Traballadores de Factoría Naval manterán unha xuntanza co administrador concursal o martes 18
Por Redacción |
-
O conselleiro de Industria comprométese a loitar porque o persoal de Factoría Naval continúe tras a venda
Por Redacción |