A astronomía ao alcance de todos os sanxenxinos
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo acaba de renovar o acordo subscrito coa Universidade de Santiago de Compostela para acoller actividades de divulgación gastronómica a través do proxecto 'Todocosmos, a astronomía ao alcance de todos', financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.
E é que o éxito das propostas celebradas ao longo deste ano no municipio a través do Observatorio Astronómico Ramón María Aller levou o Goberno sanxenxino a manter o programa.
De feito, Sanxenxo foi escenario dende o pasado mes de abril dun total de oito sesións de observación astronómica que tiveron lugar nas praias de Silgar e A Lanzada, ademais dun curso de verán de tres días de duración.
Non en van, o obxectivo desta iniciativa é achegar a ciencia astronómica a toda a sociedade ofertando actividades dirixidas aos distintos segmentos de idade. Para iso, o observatorio da USC encárgase de facilitar os recursos humanos e materiais, como telescopios, prismáticos, planisferios, reloxos de Sol, material didáctico e informático, necesarios para a execución deste proxecto.