Lores analiza os logros da 'cidade 30' nun foro de mobilidade celebrado en Bilbao
Por Redacción
O XIII Foro da Mobilidade analizou este mércores o modelo urbano de Pontevedra. Nesta cita, organizada pola Fundación Pons e o Real Automóbil Club Vasco-Navarro, xuntou na cidade vasca de Bilbao a uns 70 especialistas e responsables municipais de seguridade viaria. Entre eles, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que interveu cun relatorio sobre a cidade 30, expoñendo as principais características do sistema local de mobilidade.
O modelo pontevedrés foi analizado por varios ponentes, incluído o concelleiro de tráfico e mobilidade da cidade anfitrioa, Asier Abaunza, quen dixo que era unha "honra" aprender de cidades que levan moito camiño andado como Pontevedra. Tamén a cidade de Vitoria expuxo a súa experiencia en calmado do tráfico con medidas pouco custosas.
Foi Francisco Paz, xerente de proxectos da Fundación Pons, quen durante a súa charla sobre a norma ISO 39001, unha ferramenta para mellorar a seguranza viaria, cualificou a Pontevedra como un "exemplo de grande impacto internacional, porque cando chegas alí es capaz de percibir a diferenza con outros lugares. Alí é onde te das conta que as persoas non demandan o que non coñecen, por iso é tan importante ver exemplos de éxito como esa cidade".
Despois de que Fernández Lores falase do modelo pontevedrés foi o ex xefe da Unidade Normativa da DXT, Ramón Ledesma, quen sostivo a tese de que Pontevedra é un magnífico exemplo do que denominou "mobilidade vintage", a tendencia que demandan todas as cidades ultimamente, e que Pontevedra xa ten conseguido.
Xa no acto de clausura, o presidente do Real Automóbil Club Vasco-Navarro, Pedro Martínez de Artola, reflexionou "desde o punto de vista dos condutores de automóbiles" do importante que resulta a nova filosofía implantada en Pontevedra, donde existe o concepto de "necesidade" para a circulación a motor.
"Todos queremos que a rúa na que vivimos sexa realmente unha continuación da nosa casa, un gran centro comercial, polo que resulta moi interesante que só accedan os coches que sexan necesarios", dixo este representante dos condutores vascos. Por iso asegurou non estrañarse de que Pontevedra aumente poboación, porque "é lóxico que as persoas queiran vivir nos mellores lugares".
Relacionadas:
-
Pontevedra, invitada a participar en Veracruz (México) no II Foro Iberoamericano de Cidades
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, da Universidad Autónoma de Barcelona a toda Latinoamérica
Por Alejandro Espiño |
-
Tráfico presume da 'Zona 30' de Pontevedra comparándoa con París, Edimburgo e Milán
Por Alejandro Espiño |
-
Ramón Ledesma, 'alma mater' do carné por puntos: "El modelo de Pontevedra está cogiendo velocidad en Europa"
Por Alejandro Espiño |
-
Ciudades que caminan ve en Pontevedra o "referente que queremos exportar al resto de la red"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra 'venderá' o seu modelo de cidade en Madrid, Porto, Bilbao e Alacante
Por Alejandro Espiño |