Ciudades que caminan ve en Pontevedra o "referente que queremos exportar al resto de la red"
Os membros da rede Ciudades que caminan, que se encontran en Pontevedra para participar na segunda edición do seu congreso anual, tiveron este xoves o seu primeiro contacto directo co modelo de cidade. Foi durante unha visita guiada que, desafiando ao mal tempo, realizaron esta tarde por parte do centro histórico e varias zonas onde se aplicaron medidas de calmado de tráfico, peatonalización e mellora da accesibilidade.
O coordinador técnico da rede, Pablo Barco, afirmou que o colectivo está "satisfecho" de que Pontevedra accedese a acoller este congreso, porque indicou que "para nosotros el modelo de Pontevedra es un referente que pretendemos exportar al resto de la red y al mayor número posible de municipios". Conseguiuse, dixo, transformar a cidade sobre a base de criterios de seguridade vial, accesibilidade universal e mobilidade sostible.
Destacou que se aplicaron políticas integrais "moi interesantes" e por iso dende Ciudades que caminan tiñan claro, dixo, que Pontevedra "tenía que estar en esta red y demostrar a las demás ciudades como se aplica la teoría que defendemos, cuestiones estratégicas que al final son asumidas por la ciudadanía". Entre elas, destacou especialmente a aplicación da velocidade 30 en toda a zona urbana.
"Si podemos evitar que la gente muera en accidentes de tráfico, pongamos esas medidas en marcha", sinalou o coordinador deste colectivo, que espera que a visita a Pontevedra de máis de cen expertos e responsables políticos de numerosos municipios e institucións de España e Portugal "sirva de impulso" ao resto da rede, aproveitando a entrada en vigor do novo regulamento da DGT, que incentiva as medidas de calmado de tráfico.
Pablo Barco recoñeceu que aplicar estas políticas segue xerando certas reticencias, debido ao malestar que inicialmente poden xerar na cidadanía. Neste sentido, sinalou, Pontevedra "ya ha hecho el cambio más difícil" e tendo en conta que "todos sabemos que tarde o temprano lo tendremos que hacer" animou aos responsables políticos dos demais concellos a "tenerlo como prioridad" para os próximos anos.
Tras afirmar que Pontevedra foi o municipio que "abrió la puerta a este modelo de peatonalización", o dirixente de Ciudades que caminan quixo destacar tamén o traballo que, nesta materia, realizaron nos últimos anos outras localidades como Ansoain (Navarra), Torrelodones (Madrid) ou Vitoria e Irún (País Vasco). Todas estas experiencias serán analizadas no congreso que se celebrará este venres no Pazo da Cultura.
Relacionadas:
-
'Ciudades que Caminan', a rede presidida polo Concello de Pontevedra, ultima o seu oitavo congreso
Por Redacción |
-
Pontevedra, unha cidade que segue camiñando na procura de premios
Por Redacción |
-
Pontevedra, referente mundial: premiada por Dubái e a ONU polo seu modelo de cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Lores analiza os logros da 'cidade 30' nun foro de mobilidade celebrado en Bilbao
Por Redacción |
-
Ramón Ledesma, 'alma mater' do carné por puntos: "El modelo de Pontevedra está cogiendo velocidad en Europa"
Por Alejandro Espiño |
-
Lores anima os portugueses a devolver aos peóns espazos públicos ocupados polos coches
Por Redacción |
-
As 'cidades que camiñan' centran a súa mirada en Pontevedra durante os dous próximos días
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra 'venderá' o seu modelo de cidade en Madrid, Porto, Bilbao e Alacante
Por Alejandro Espiño |
-
"Moitas cidades envexan o modelo de Pontevedra, pero non se atreven a aplicalo por covardía política"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |