Agustín Hernández critica o "escapismo" do Concello de Pontevedra con respecto ao PXOM
Por Alejandro Espiño
Novo capítulo no culebrón do PXOM de Pontevedra. Despois de que o Concello de Pontevedra denunciase o "obstáculo insalvable" que supón ENCE á hora de redactar o plan, ao asegurar que a Xunta obriga a manter o uso industrial deses terreos, o goberno galego responde por fin.
Di o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández que todo débese a unha "interpretación unilateral e sesgada" do goberno pontevedrés, do que criticou "o incrible escapismo" que practica, na súa opinión, con respecto o novo planeamento urbanístico.
Agustín Hernández reiterou que o PXOM de Pontevedra "quen ten que redactalo é o Concello". Asegura que a Xunta de Galicia contestoulles, remitíndose a un informe elaborado no ano 2010, "con respecto da situación urbanística dos plans e programas que deben respectarse para redactar o PXOM e ao cumprimento das sentenzas que hai con respecto de ENCE".
"Non engadimos nada novo e por tanto o que lle dixemos é o que debe de facer. Que non é outra cousa que redactar o plan", reiterou Hernández, que atendeu aos medios de comunicación tras os actos en honra á patroa da BRILAT, celebrados na Base General Morillo.