Comeza a campaña da centola con vendas a 16,80 euros o quilo na poxa do Grove
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e38/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5461050718-20141110-pontevedraviva-subasta-centolla-o-grove-001.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/2f9/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5461049fc2-20141110-pontevedraviva-subasta-centolla-o-grove-003.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
As malas condicións meteorolóxicas e o mar revolto favoreceron as capturas na primeira xornada da reapertura da campaña da centolla que se inicia este luns 10 de novembro.
A principios de xuño establecíase a veda co obxectivo de favorecer a reprodución deste prezado crustáceo e cinco meses despois, as 51 embarcacións con licenza para as capturas no concello do Grove saíron ao mar a recoller as redes deixadas en diferentes latitudes durante as últimas horas.
A cota máxima, establecida pola Consellería de Medio Rural e do Mar, sitúase en 35 quilos por tripulante e outros 35 por embarcación. A calidade, segundo os mariñeiros, é boa e na lonxa grovense o prezo mínimo situouse nos 7 euros/quilo para iniciar a poxa. As primeiras vendas alcanzaron os 16,80 euros o quilo no caso das femias, sempre máis cotizadas.
O quilo de centolla alcanzará despois nos mercados un prezo que está previsto que supere os 20 euros.
Durante a campaña anterior deixou na lonxa máis de 2 millóns de euros coa venda de 200 toneladas nunha campaña que foi considerada como frouxa por parte do sector na que o prezo máis alto que se logrou foi de 32 euros/quilo e 6 euros o mínimo.
Comprador de centola explica como se presenta a campaña na primeira poxa
CC BY-NC-SA PontevedraViva