César García do Restaurante Misturas, premio ao mellor 'Picacentola' do Grove
Por Redacción
As instalacións do centro vacacional da Lanzada, que acollen o Obradoiro de Hostalería do Salnés, foi o escenario este xoves da entrega de premios do "Picacentola", o concurso de pinchos incluído nas xornadas de exaltación da centola grovense.
O gañador do concurso do mellor PicaCentola foi César García do Restaurante Misturas, quen presentou a súa "Centola en tempura" aos catro membros do xurado.
Ademáis, rendeuse homenaxe ao mariñeiro xubilado Manuel Otero, que dedicou boa parte da súa vida á captura deste prezado molusco. O seu fillo, Víctor Otero, recibiu o diploma e a centola de prata no seu nome.
Dende o Concello lembran que aínda se poden degustar todos os PicaCentolas ata o vindeiro luns 8 de decembro e que aínda quedan prazas dispoñibles no Taller de Cociña en Familia deste sábado día 6.