Turismo Sanxenxo prepara unha campaña para promover a gastronomía local durante o inverno
Por Redacción
Utilizar a gastronomía local como reclamo para atraer visitantes fóra da tempada estival. ÿ o obxectivo da campaña 'Sanxeno, sabor de inverno' que se está a preparar de cara ao inverno.
Trátase dunha promoción de Turismo de Sanxenxo que se pretende iniciar a principios do mes de decembro para incentivar a actividade hostaleira do municipio aproveitando o período do Nadal.
A alcaldesa, Catalina González, ten previsto convocar aos porfesionales do sector a unha reunión en busca da súa implicación para intentar "que Sanxenxo sexa tamén un lugar de referencia nas vacacións de Nadal", sinalou a rexedora.
A idea é que os locais permanezan abertos entre o 15 de decembro e o 15 de xaneiro para reforzar a oferta "propoñendo pratos propios de inverno a un prezo cerrado pero con posibilidade de variación nos menús".
En canto aos hoteis, preténdese a súa inclusión na iniciativa e que formulen un prezo pechado con aloxamento e diferentes servizos a través dun bono que estaría dispoñible na oficina de Turismo.
Segundo Catalina González Sanxenxo debe aproveitar as súas infraestrutura e experiencia no sector "para facer do mes de decembro e da primeira quincena de xaneiro un período de visita obrigatoria a este destino".
Relacionadas:
-
A mellor gastronomía de Sanxenxo, a golpe de 18 euros durante un mes
Por Redacción |
-
Menús a 18 euros en Sanxenxo con "Sabor a inverno"
Por Redacción |
-
Sanxenxo abre os seus brazos aos turistas 'sénior' europeos
Por Redacción |
-
Tes máis de 55 anos e viaxas fóra da tempada estival? Sanxenxo busca xente coma ti
Por Redacción |