16 marcas e 11 concesionarios estarán presentes en Pontemóvil do 7 ao 9 de novembro
Por Diego Espiño
O Recinto Feiral de Pontevedra recuperará a próxima fin de semana o extinto Salón do Automóbil, antes Pomóvil, da man de gran parte dos concesionarios da cidade baixo o nome de Pontemóvil.
Durante tres días, do venres 7 ao domingo 9 de novembro, expoñeranse coches de 16 marcas e 11 concesionarios, en busca de "acercarse al público", tal e como recoñecen os responsables do evento xa que "la gente a veces es muy reacia a ir a los concesionarios".
O formato do salón cambia, pois os asistentes se encontrarán vehículos novos, quilómetro 0 e tamén de ocasión cun horario de apertura de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00.
Entre as novidades, Renault expoñerá o seu novo Twingo, presentado en España o pasado día 1, ou unha serie limitada do Kaptur, mentres Audi aposta por dar a coñecer o novo TT, recén saído ao mercado, ou a renovación do A6.
Segundo explicaron os concesionarios, varios son os modelos recén renovados como o Nissan Qashqai ou os Volkswagen Beetle e Polo.
As empresas presentes en Pontemóvil serán: Ibericar Gestoso, Vepersa, Valiñas, Roipesa, Detroit Móvil, Celta Motor, Mourente Motor, Grupo Abreu, Pontecar e Mara Poio.
Todos eles expoñerán coches das seguintes marcas: Renault, Dacia, Volkswagen, Audi, Fiat, Alfa, Nissan, Ssang Yong, Subaru, Corvette, BMW, Mini, Skoda, Suzuki, Citroën, Mazda, Kia, Hyundai e Toyota.
Os asistentes a Pontemóvil deberán pagar un euro de entrada para acceder ao Recinto Feiral.
Relacionadas:
-
Pontemóvil pecha a súa primeira edición con máis de 8.000 visitas e 120 coches vendidos
Por Diego Torrado |
-
Abre as súas portas Pontemóvil, o novo Salón do Automóbil de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra recupera en novembro o seu salón do automóbil: Nace Pontemóvil
Por Redacción |