Abre as súas portas Pontemóvil, o novo Salón do Automóbil de Pontevedra
Pontemóvil abriu este venres as súas portas no Recinto Feiral. Ata o próximo domingo 9 de novembro once concesionarios da comarca presentan neste novo Salón do Automóbil de Pontevedra os últimos modelos das marcas que comercializan e as mellores ofertas en vehículos quilómetro cero e de ocasión. Unha oportunidade única para todos os interesados en comprar un coche.
A inauguración contou entre outros coa presenza do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román; ou a secretaria territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, Ana Ortiz.
Todo o espazo dispoñible no pavillón cuberto, uns 4.000 metros cadrados, está ocupados por vehículos dos concesionarios participantes, Ibericar Gestoso, Vepersa, Valiñas, Roipesa, Detroit Móvil, Celta Motor, Mourente Motor, Grupo Abreu, Pontecar e Mara Poio.
En concreto, expóñense vehículos das marcas Renault, Dacia, Volkswagen, Audi, Fiat, Alfa, Nissan, Ssang Yong, Subaru, Corvette, BMW, Mini, Skoda, Suzuki, Citroën, Mazda, Kia, Hyundai e Toyota.
Os concesionarios inician este salón con certo optimismo, tras a tendencia que se está a rexistrar durante todo este ano, no que se rexistra un incremento sostido na venda de coches novos e de segunda man. Confían en que esta cita peche con bos resultados para todos eles.
Pontemóvil estará aberto en horario de mañá e tarde. Os interesados poderán achegarse ata o Recinto Feiral entre as 11.00 e as 14.00 horas ou entre as 16.00 e as 21.00 horas. O prezo da entrada é dun euro.
Relacionadas:
-
Pontemóvil pecha a súa primeira edición con máis de 8.000 visitas e 120 coches vendidos
Por Diego Torrado |
-
16 marcas e 11 concesionarios estarán presentes en Pontemóvil do 7 ao 9 de novembro
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra recupera en novembro o seu salón do automóbil: Nace Pontemóvil
Por Redacción |