Celebración na clínica da Merced do Día do Dano Cerebral Adquirido
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/507/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/544a7d1d5e-dia-mundial-dano-cerebral-2014-gh-miguel-dominguez-5-.jpg)
© Grupo HMD
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/5d6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/544a7d3511-dia-mundial-dano-cerebral-2014-gh-miguel-dominguez-6-.jpg)
© Grupo HMD
Persoal médico, pacientes e antigos pacientes, así como os seus familiares, participaron este venres nun ágape no centro sanitario de Poio. Na celebración estiveron presentes o director médico do Centro de Dano Cerebral e Neurociencias Miguel Domínguez, o doutor Rafael Domínguez Artime, e o alcalde de Poio, Luciano Sobral.
O motivo foi o Día do Dano Cerebral Adquirido, unha ocasión na que se pretende facer partícipe á sociedade da situación en que viven as persoas con dano cerebral e as súas familias en España, para que se lles recoñeza, entenda, valore axeitadamente e atenda.
A sociedade quizais estea máis familiarizada coas causas que orixinan o dano que coas consecuencias deste.
Os ictus, os traumatismos cranioencefálicos, os tumores cerebrais, as anoxias cerebrais e algunhas patoloxías infecciosas son Dano Cerebral Adquirido (DCA); en tanto que teñen como consecuencia común alteracións da consciencia, da mobilidade, da comunicación, da orientación, da memoria, do comportamento ou das emocións.
Estas alteracións, que moitas veces se presentan de xeito conxunto, implican que o 68% das persoas con DCA presentan discapacidade nalgunha actividade básica da vida diaria e o 45% en grao severo ou total.
Relacionadas:
-
Investigadores de toda España falarán en Sanxenxo sobre os avances na neuroloxía
Por Redacción |
-
O pequeno Álex Guntín mellora grazas ao tratamento recibido en Poio co robot Lokomat
Por Redacción |
-
O Grupo Hospitales Domínguez pon en marcha un novo programa para pacientes que sufriran un ictus
Por Redacción |
-
Nova unidade de día no Centro de Dano Cerebral e Neurociencias do Grupo Hospitais Domínguez
Por Redacción |