Un policía ferido nunha pelexa multitudinaria na rúa Padre Gaite
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/4e2/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/543cd0d00b-20141014_085526.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0be/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/543d3b7b8c-unnamed.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Axentes da Policía Nacional e da Local acudiron a primeira hora da mañá deste martes á rúa Padre Martín Gaite ante o aviso dun particular que alertou dunha pelexa multitudinaria.
Segundo informaron dende a Comisaría da Policía Nacional un dos seus axentes resultou ferido durante a intervención ao ser golpeado por unha muller cunha botella na cabeza.
Os implicados declararon que a liorta iniciouse no interior do Pub-Karaoke Makumba, na rúa Perfecto Feijóo, por un "problema de celos". Un dos implicados recriminou a actitude doutro mozo que estaba a bailar coa súa noiva. Das palabras pasaron ás mans e organizouse unha liorta que continuou no exterior do local.
Cando varias patrullas da Policía acudiron ao lugar procederon a separar as dúas cuadrillas e identificar a todos os presentes. Foi nese momento cando unha das mulleres botou á outra cuadrilla unha botella de whisky alcanzando na cabeza un axente da Policía Nacional.
A agresora foi detida e outras once persoas foron identificadas.
Os implicados na pelexa son cidadáns de orixe español, venezolano, dominicano e colombiano. Ningún deles quixo interpoñer denuncia ningunha.
O axente agredido foi atendido da súa ferida que ten consideración de leve.
A presunta agresora quedou en libertade pola tarde.