Recollida de sinaturas pola renda básica
Por Redacción
A Asociación Boa Vida celebra o Día Internacional de Loita contra a Pobreza cunha charla e recollida de sinaturas pola renda básica.
O próximo mércores 15 de outubro estarán nos soportais da Ferrería de 11:15 a 12:15 recollendo sinaturas pola renda básica e "explicando á cidadanía en que consiste a mesma e como esta axudaría a que a nosa sociedade fose máis xusta e a pobreza fose menor".
O mesmo día 15 pola tarde ás 19:00 hora na Biblioteca Pública terán unha mesa redonda na que Pepa Vázquez, traballadora social experta en renda básica explicará como está indo a recollida de sinaturas para a iniciativa lexislativa popular que se está realizando no estado español, así como o impacto que tería a implantación de dita renda na nosa sociedade.
Igualmente Vanesa Angustia, participante das asembleas das Marchas da Dignidade en Pontevedra, explicará como naceron as marchas, cal é a súa finalidade e como está indo a organización en Pontevedra e Galicia para a que está prevista para o próximo mes de novembro.