A Ferrería, máis preto a través das Xornadas municipais de Historia
Por Redacción
As Xornadas municipais de Historia comezaron este mércores cun ciclo de conferencias e unha exposición nas que se realiza un repaso sobre a evolución da Praza da Ferrería, un dos espazos máis emblemáticos da cidade de Pontevedra.
O historiador Juan Juega foi o encargado de abrir o ciclo cunha charla sobre 'As feiras en Galicia', que tivo continuidade a través do profesor da Universidade de Santiago, Gonzalo Fernández Suárez, que encargouse de explicar a orixe das denominacións de rúas en función das profesións que se realizan.
Este xoves 2 van desenvolverse outras dúas conferencias centradas na tipoloxía arquitectónica das prazas maiores galegas e a procesión do Corpus e os seus antecedentes históricos.
A mostra fotográfica sobre a Praza da Ferrería será inaugurada este venres 3 de outubro e nela poderán comprobarse aspectos sociais e o desenvolvemento urbano deste espazo pontevedrés.