Espazo Ecosocialista ve intereses privados detrás da peatonalización de Benito Corbal
Por Redacción
O partido Espazo Ecosocialista, integrado dentro de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) cre que o anuncio do Goberno local de que en 2013 se peatonalizará un tramo de Benito Corbal "parece máis encamiñado a favorecer determinados intereses privados que a unha pacificación real do tráfico".
Ao respecto, o portavoz de Espazo Ecosocialista, Xoán Hermida, recorda que este grupo "sempre apoiou, coma non podía er doutro xeito, a peatonalización e a pacificación do trafico en consonancia coa súa visión, ecologista", pero dubida dos intereses que pode haber detrás desta medida nestes intres.
Recorda que este tramo que se quere peatonalizar "está monopolizado por algunhas grandes cadeas multinacionais que se ven beneficiadas fronte a outros pequenos establecementos da cidade".
Segundo Xoán Hermida "isto xa ocorreu no seu día cos retrasos da apertura do mercado de abastos que deslocalizaron cara a esa nova zona da cidade aos clientes e aínda hoxe, case 10 anos despois, a zona próxima ao río non recuperou o seu nivel de dinamismo anterior".
Engade que esta medida "podería seguir ensanchando a desigualdade social entre os propietarios desas novas zonas ricas e os da periferia da cidade ou do rural". Na súa opinión, "non é casualidade que nesta carreira o portavoz do PP, Jacobo Moreira, xa anunciara o seu apoio e se sumara a unha maior peatonalización da rúa".
O anuncio do concelleiro Luís Bara sobre a solicitude do concello para estender o paseo marítimo por toda a autovía de Marín ata Os Praceres tampouco é do agrado deste colectivo, pois cre que "consolidaría os terreos gañados á ría e impediría unha recuperación integral da ría de Pontevedra cando o complexo Ence-Elnosa abandone a súa actual ubicación".
"Xa hai demasiada presión urbanística sobre o río e a ría como para seguir consolidando esa situación. Actualmente xa parece irrecuperable para os antiguos dominios maritimo-terrestres a ría ata a nova circunvalación da autoestrada, pero aínda estamos a tempo para salvar os terreos que van desde a rotonda da autoestrada ata Os Praceres", valoran.
Relacionadas:
-
Jacobo Moreira reclama unha peonalización máis ambiciosa en Benito Corbal
Por Oskar Viéitez |
-
A peonalización de Benito Corbal obriga os taxistas a mudarse a Daniel de la Sota
Por Redacción |
-
O PSOE "molesto" por Benito Corbal... Fricción no goberno municipal?
Por Alejandro Espiño |
-
Chega a peonalización a Benito Corbal: executarase en "xaneiro ou febreiro"
Por Alejandro Espiño |