A peonalización de Benito Corbal obriga os taxistas a mudarse a Daniel de la Sota
Por Redacción
A parada de taxis de Benito Corbal cambiará de localización. A peonalización anunciada polo Concello de Pontevedra para o treito entre Sagasta e Cobián Roffignac, inutiliza a súa actual situación. Por iso, o goberno local chegou a un acordo con representantes dos taxistas pontevedreses para trasladar esta parada a unha zona próxima.
En concreto, os taxistas pasarán a situarse na rúa Daniel de la Sota que, debido á peonalización de Benito Corbal, cambiará de sentido de circulación. Igual que Castelao, pasarán a ser de saída da cidade, enlazando posteriormente con Cobián Roffignac. ÿ por iso que ambas as partes optaron por este cambio. Entenden que mellorará o servizo aos clientes, ao contar cunha saída máis directa.
Na reunión que mantiveron cos taxistas, os concelleiros Miguel Filgueira e Luís Bará comprometéronse a trasladar aos servizos técnicos o estudo de capacidade nesta rúa, aínda que en principio aseguraron que non debería haber problema.
A peonalización de Benito Corbal, que unicamente permitirá o acceso residentes e servizos, é do agrado dos taxistas, segundo o presidente dos autopatronos, José Crespo. A pesar de que se comentou estes días de certo malestar entre eles, o seu presidente afirmou que aceptan o cambio e que non se oporán ao traslado da parada.
Relacionadas:
-
A peonalización de Benito Corbal progresa axeitadamente
Por Natalia Puga |
-
Espazo Ecosocialista ve intereses privados detrás da peatonalización de Benito Corbal
Por Redacción |
-
Jacobo Moreira reclama unha peonalización máis ambiciosa en Benito Corbal
Por Oskar Viéitez |
-
Chega a peonalización a Benito Corbal: executarase en "xaneiro ou febreiro"
Por Alejandro Espiño |