Os veciños de San Roque ansían a inclusión do seu barrio no plan "+Boavila"
Por Redacción
A asociación de veciños San Roque solicitou unha reunión co goberno local para solicitar a inclusión do seu barrio dentro do plan municipal de mellora denominado "+Boavila" que persegue o arranxo daqueles espazos que van deteriorando co paso do tempo.
A asociación deste barrio solicitou por rexistro no Concello que os edís das tres as concellarías implicadas: Benestar Social Municipal, Parques e Xardíns e Obras e Mobilidade, Carmen Fouces, Anxos Riveiro e Luis Bará, respectivamente, acudan ao local social da asociación para manter unha reunión de traballo e escoitar o que teñan que dicir os veciños.
O concelleiro Luis Bará avanzou que o plan considera reunións con veciños de practicamente toda a cidade e que despois de San Antoniño irían os da desembocadura do río Gafos e o Monte do Taco, Mollavao, Alfonso XIII e Echegaray, o barrio do Burgo, Ernesto Caballero, o barrio do Castañal, as rúas Peregrina e Daniel de la Sota.
Relacionadas:
-
Os veciños do Monte do Taco agardan por novas melloras no barrio
Por Redacción |
-
A asociación veciñal de San Roque reclama ao Concello arranxos para este "barrio abandonado"
Por Oskar Viéitez |
-
Feísmo a golpe de cartel
Por Oskar Viéitez |
-
Veciños de Barcelos e San Antoniño coñecen as propostas de +Boavila para o seu barrio
Por Redacción |
-
San Antoniño e Barcelos, primeiras zonas de actuación do programa +Boavila
Por Alejandro Espiño |
-
+Boavila, un proxecto para acabar co feísmo e mellorar a calidade urbana e a convivencia nos barrios
Por Alejandro Espiño |