Veciños da rúa Padre Fernando Olmedo denuncian a presenza de maleza nas beirarrúas
Por Redacción
As herbas medran nas beirarrúas da rúa Padre Fernando Olmedo ante o malestar dos veciños do ámbito do Centro de Tecnificación Deportiva. Segundo denuncian, esta situación remóntase a antes do verán sen que, dende o Concello, se levase a cabo un labor de limpeza exhaustiva da maleza que se xera.
As malas herbas esténdense ao longo do muro do Centro de Tecnificación Deportiva e tamén polo bordo da beirarrúa nas zonas de aparcadoiro.
Os veciños reclaman unha intervención dos servizos de limpeza para evitar a aparición de insectos e mellorar as condicións de salubridade na zona.