Persisten as queixas veciñais polo estado da parte traseira do CGTD
Por Redacción
Pouco tempo despois de que o Concello recepcionara a urbanización de Tafisa, unha pequena parcela pegada á parte traseira do Centro Galego de Tecnificación Deportiva segue xerando queixas veciñais.
Os veciños do Camiño Vello de Castela recoñecen que "está moito mellor dende que se fixo cargo o Concello", pero engaden "non volveron cortar a herba e agora volve haber máis malas herbas que céspede".
Estas queixas céntranse na maleza que crece xunto a un descampado "que polo menos en parte é municipal" e que é usado habitualmente como aparcadoiro.
Ademais, aseguran, nesa zona pódense observar ratas, polo que piden que se actúe para poñer fin a esta situación.