O campamento de Marcos
Por Oskar Viéitez
Marcos é un rapaz de 9 anos que ven de gozar esté verán dun experiencia formidable: un campamento.
Como tantos outros rapaces desexaba vivir esta aventura, que outros anos lle contara o seu irmán maior, pero os seus pais tiñan algo de medo, xa que Marcos ten un 75% de discapacidade motora.
Finalmente a súa nai, Monserrat Prado, animouse e apuntouno e hoxe conta o acerto que foi esta decisión. O fixo nunha rolda de prensa de balance do resultado dos campamentos da Deputación de Pontevedra, que finalizan este sábado.
"Fue una lección de vida" tanto para os demais nenos como para o equipo educativo, coincidiron en destacar a nai de Marcos, o presidente da Deputación, Rafael Louzán e o director do Príncipe Felipe, José Manuel Fernández.
Foi a primeira vez que participaba nos campamentos un neno cunha discapacidade tan importante. Neste sentido, quixo animar a todos os pais de nenos con discapacidades a non ter medo e a favorecer a plena integración dos seus fillos animándoos a participar en actividades deste tipo.
Asegurou que é comprensible que haxa certa precaución, pero que se hai "seriedad y profesionalidad" como se demostrou nos campamentos da Lanzada, "no tiene por qué haber ningún problema".
Para Prado, foi unha "excelente oportunidad" que o seu fillo puidese vivir directamente a experiencia dos campamentos, e non só a través do seu irmá maior. E puido facelo, asegurou, pola oportunidade ofrecida, "desde o primeiro momento que souberon que había un neno con esta discapacidade foi todo atencións, informarse das necesidades do neno, de cómo podían axudalo". "Fue ahí, dixo, cuando decidí que sí, que iba a ir al campamento", dado que considera fundamental a seriedade e a responsabilidade demostrada.
"Fue una lección de vida" tanto para os demais nenos como para o equipo educativo
Por iso, quixo agradecer á Deputación, ao equipo médico e aos monitores que lle "dieran la posibilidad a él y a otros niños que están en una situación como la de él de participar en los campamentos", algo que cualificou de "importantísimo" porque lles permite "estar con otros niños y que hagan las cosas que hacen otros niños".
Ademais deles, e como xa viña sendo habitual nos campamentos impulsados pola Deputación, participaron numerosos nenos con discapacidades leves, intolerancias alimentarias, alerxias ou TDAH, con tetraplexías, con síndrome de Asperger, con síndrome de Down ou con diabetes tipo 1 con bomba de insulina, que puideron disfrutar dos campamentos sen o máis mínimo inconveniente nin diferenciación.
Un total de 2.500 nenos e nenas participaron este verán nos campamentos que a Deputación de Pontevedra pon en marcha cada ano en A Lanzada (2.200 participantes) e no Centro Príncipe Felipe (300).
Relacionadas:
-
Educación formará ao profesorado para atender aos nenos con hiperactividade
Por Cristina Saiz |
-
A Deputación oferta 2.200 prazas en 11 quendas de 7 días nos campamentos de verán da Lanzada
Por Redacción |
-
Os mil bautizos da Lanzada
Por Redacción |
-
A Lanzada recibe os primeiros campistas do verán
Por Redacción |
-
3.194 nenos solicitaron participar nos campamentos da Lanzada
Por Redacción |