Case 14.000 visitantes pasaron polas oficinas turísticas municipais en xullo, un 17% máis que hai un ano
Por Redacción
Un total de 13.759 persoas pasaron polos tres puntos de información turística do Concello de Pontevedra no mes de xullo. ÿ un 17% máis que o ano pasado. Todas elas reclamaron información sobre o municipio na Casa da Luz e as casetas da Praza de España e Eduardo Pondal. A maiores, algo máis de 500 veciños de Pontevedra pasaron pola rede turística municipal para recoller programación festiva ou cultural.
As estatísticas das oficinas municipais demostran que se mantén estable, en torno ao 80%, a procedencia nacional dos visitantes, mentres que o 20% restante procede do estranxeiro. Entre os nacionais predominaron os madrileños e os andaluces (22% e 21% do total), mentres que entre os chegados doutros países foron maioritarios os portugueses (17%), seguidos dos británicos e alemáns (ambos cun 11%).
Un 51% deles chegaron a Pontevedra en coche, un 22% en autocar e un 8% en avión. En canto ás razóns para visitar Pontevedra a principal é o clima e a paisaxe (máis do 40%).
Un dato que, segundo o Concello, resulta moi satisfactorio é que se constatou que un 30,64% das persoas que se achegaron ás oficinas de turismo dixeron estar aloxadas na propia cidade de Pontevedra, unha porcentaxe que manifesta tendencia ao crecemento dende que se empezou a recoller. En canto ao tipo de aloxamento, un 69% prefire os hoteis e ata un 14% dorme en albergues, con especial peso do albergue de peregrinos.
En canto ao rango de idades, predominan as franxas que van dos 46 aos 60 anos e dos 31 aos 45 anos cun 33% e un 27% do total. Notouse moita presenza de familias con nenos e tamén de grupos organizados. Ata un 92% dos visitantes admitiron que non coñecían Pontevedra e moitos deles dixeron quedar sorprendidos co Centro Histórico e a beleza da cidade. A maioría amósase disposto a repetir visita.
Pola súa banda, nas visitas guiadas organizadas polo Concello de Pontevedra participaron 569 persoas no mes de xullo, o que supón un forte incremento de máis do 50% con respecto ás rexistradas en xullo de 2013. Os madrileños son os máis asiduos (29%), pero constatouse tamén a presenza de xente de case todas as comunidades autónomas e de turistas estranxeiros.
Relacionadas:
-
Un 57% máis de turistas estranxeiros en Pontevedra
Por Redacción |
-
As oficinas de información turística da cidade recibiron en agosto 21.727 visitantes
Por Redacción |
-
Dedican unha avenida a Pontevedra na cidade portuguesa de Penafiel
Por Redacción |
-
Máis de 500 persoas déixanse seducir pola 'maxia' das visitas teatralizadas polo centro histórico
Por Redacción |
-
Poio rexistra unha ocupación hoteleira do 65% na segunda quincena de xullo
Por Redacción |
-
Apoio institucional ao marisco coma reclamo dos turistas
Por Redacción |
-
Os turistas de Pontevedra son familias nacionais que chegan no seu coche e non coñecían a cidade
Por Redacción |