Tres feridos nun accidente de tráfico en Cuntis tras quedar dormido un deles mentres conducía
Por Redacción
Tres persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico que se produciu pouco despois das nove e media da mañá deste domingo en Cuntis. Tratouse dun choque frontal entre dous vehículos. O condutor dun deles quedou durmido ao volante.
Segundo informa o 112 Galicia, o accidente produciuse no enlace entre a estrada P0-220 (Cuntis-O Pino) e o lugar de Magán.
Ata o lugar do accidente desprazáronse dúas ambulancias do 061 e Protección Civil de Cuntis.
Dous dos tres feridos eran dúas mulleres que viaxaban no mesmo coche. Ambas as dúas, ao igual que o condutor que ía só e quedou durmido, foron trasladadas ao Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra.